Casa de Abaixo 4.63

Cabazas Campos
A Coruña, 15809
Spain

About Casa de Abaixo

Casa de Abaixo Casa de Abaixo is one of the popular place listed under Lodging in A Coruña , Tour Company in A Coruña ,

Contact Details & Working Hours

Details

A Casa de Abaixo é unha casa de Turismo Rural incluída na tipoloxía de “Casas de Aldea”, inaugurada no 2007. Conta o establecemento con dous apartamentos, cada un equipado con: cociña, salón, dúas habitación e cuarto de baño. Segundo o número de hóspedes a casa pode ser alugada de forma completa ou por apartamentos.
Ademais da súa espectacular arquitectura, que consegue integrar materiais típicos do lugar e da época de maior auxe da antiga casa, A Casa de Abaixo destaca polas suas zonas comúns no exterior: os seus dous xardíns, a piscina, a barbacoa e o seu salón de xogos, este último equipado con: billar, futbolín, wii, zona wifi e infinidade de xogos de mesa e libros. A Casa de Abaixo ofrécelles tamén, rutas de sendeirismo pola zona que poden ser realizadas a pé ou en bicicletas proporcionadas pola casa.
A Casa de Abaixo atópase situada na aldea de Cabazás, parroquia de Campos do Concello de Melide ( A Coruña).
Está só a cinco minutos a pé da principal vía de peregrinación a Santiago de Compostela, “O Camiño Francés” e a carreteira coa que linda a casa é unha ruta habitual para os peregrinos en bicicleta.
O entorno da casa é un claro exemplo do rural galego: soutos de castiñeiros, carballeiras, pinos, prados que serven de alimento para o ganado vacún, a partir do cal se elaboran os tan prezados queixos. Ríos e regatos abraiantes e pedras milenarias que persisten creando identidade e patrimonio. En xeral, un entorno natural, agradable e tranquilo.
Atópase, ademais, a 2,5 km do pobo de Melide característico pola súa ubicación no centro de Galiza así como, pola súa gastronomía, comercio, patrimonio e recoñecida hostalería formada principalmente pola súa prestixiosa zona de viños e pubs.

....................................................................................................

A Casa de Abaixo es una casa de Turismo Rural incluida en la tipología de “casas de aldea”, inaugurada en 2007. Cuenta el establecimiento con dos apartamentos, cada uno equipado con: cocina, salón, dos habitaciones y cuarto de baño. Según el número de huéspedes la casa puede ser alquilada de forma completa o por apartamentos.
Además de su espectacular arquitectura, que consigue unir los materiales típicos del lugar y de la época de mayor auge de la antigua casa, A Casa de Abaixo destaca por sus zonas comunes en el exterior, entendiéndose como estas sus dos jardines, piscina, barbacoa y su sala de juegos, esta última equipada con: billar, futbolín, wii, zona wifi e infinidad de juegos de mesa y libros.
A Casa de Abaixo les ofrece también, rutas de senderismo por la zona que pueden ser realizadas a pie o en bicicletas proporcionadas por la casa.


A Casa de Abaixo se encuentra situada en el lugar de Cabazás, parroquia de Campos del Ayuntamiento de Melide (A Coruña).

Está a sólo cinco minutos a pié de la principal vía de peregrinación a Santiago de Compostela, “El Camino Francés” y la carretera con la que linda es la ruta habitual de los peregrinos en bicicleta.
El entorno de la casa es un claro ejemplo del rural gallego: bosques de castaños, robles, pinos, etc. Pastos que sirven de alimento al ganado vacuno, a partir del cual se elaborarán los tan preciados quesos. Ríos y arroyos que discurren melódicos y piedras milenarias que persisten creando identidad y patrimonio. En general, un entorno natural, agradable y tranquilo.
Se encuentra, además, a 2,5 km del pueblo de Melide característico por su ubicación en el centro de Galicia así como, por su gastronomía, comercio, patrimonio y reconocida hostelería formada principalmente por su prestigiosa zona de vinos y de pubs.

Map of Casa de Abaixo

Updates from Casa de Abaixo

Reviews of Casa de Abaixo

   Loading comments-box...