Serea Técnica Vocal 2.65

Rúa Palomar 16 Baixo Centro
A Coruña, 15004
Spain

About Serea Técnica Vocal

Contact Details & Working Hours

Details

Ola, son Paula Rey Torreiro, cantante e logopeda.

Toda a miña vida estivo ligada á música. A voz sempre me resultou o mellor instrumento para expresarme. O interese por aprender música e todo o que tivese que ver con cantar levoume a querer estudar Canto; e foi aí, onde emprendín un longo camiño cheo de experiencias, tanto de formación como profesionais, que me levaron ata onde agora estou.

Co tempo, a miña curiosidade sobre o funcionamento da voz, levoume a novas vías de aprendizaxe. A técnica que durante tantos anos empreguei para o meu desenvolvemento artístico, o coñecemento do seu uso axeitado, resultou ser unha poderosa ferramenta sanadora. Ferramenta que está ao alcance de calquera. Decateime de que a través do canto e a música podo mellorar a calidade vocal daquelas persoas cuxas profesións estean directamente relacionadas co uso da voz. Así cheguei a realizar o Máster en Logopedia, formándome mellor no que é o mecanismo físico da voz. Grazas a isto descubrín unha nova paixón: a de axudar á xente a empregar correctamente a súa voz, para así gañar en calidade de vida. Desta paixón nace o Centro Serea, un espazo para pór á vosa disposición os meus coñecementos e a miña experiencia.

FORMACIÓN ACADÉMICA
Conservatorio Profesional nº2 de Valencia – Instrumento Canto. Diplomada en Maxisterio na especialidade de educación musical pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster de Logopedia – Rehabilitación dos trastornos da linguaxe e da fala pola Universidade Vic de Barcelona.

Colexiada polo Colexio de Logopedas de Galicia co número 15/0427.

Do 2011 - 2016 vocalista do grupo de música Luar Na Lubre.

Map of Serea Técnica Vocal

Updates from Serea Técnica Vocal

Reviews of Serea Técnica Vocal

   Loading comments-box...

OTHER PLACES NEAR SEREA TéCNICA VOCAL